POÉTICAS PARA A MEMORIA
DUNHA GUERRA ALLEA
DUNHA GUERRA ALLEA
(01)
[Escolma de imaxes]
Este proxecto constrúese desde a distancia: unha distancia que transforma a guerra de Bosnia nunha lembranza difusa, nun eco que persiste máis alá da experiencia directa.
A súa presenza maniféstase como unha pulsión, semellante á melodía dunha radio escoitada na infancia: fragmentaria, imprecisa, atravesada pola emoción.
A narración non se formula como reconstrución, senón como tentativa de aproximación a unha experiencia íntima, abafada nunha atmosfera escura e densa, onde resoa unha pregunta mal formulada, perdida nos espazos do inconsciente.

A cámara permite apresar a paisaxe durante o traxecto cara a Saraxevo e transformala nunha ensoñación. O que permanece é apenas un arquivo dixital:
un rexistro que conserva o viés do ollar, certa dor, e unha forma de éxtase stendhaliana provocada por unha beleza agonizante.
un rexistro que conserva o viés do ollar, certa dor, e unha forma de éxtase stendhaliana provocada por unha beleza agonizante.
non asimilada, na que a historia e a memoria se entrelazan sen chegar
a resolverse... Tal vez, un retrato do que non comprendo.
Firmado e numerado
Galego/Inglés
Formato 21x28 cm
Tapa branda e cosido singer
56 páxinas
Papel Arena bulk 90gr
1ª edición 200 copias
Texto: Charo Lopes
Impresión
Agencia Gráfica
ISBN 9788412915303
Dep Legal: PO 302-2025
© Ⅿiguel Auria / 2026
Tódolos dereitos reservados
Tódolos dereitos reservados